O PP arrincou en Carballo unha rolda de conformación dos seus equipos para as municipais

1 minutes read

A dirección do Partido Popular da provincia de A Coruña, encabezada polo seu presidente, Diego Calvo, e polo seu secretario xeral, Evaristo Ben, arrincou este luns en Carballo unha nova rolda de reunións comarcais co obxectivo de conformar os mellores equipos para as municipais.

Ante os representantes do PP nos concellos de Cabana, Carballo, Coristanco, Laxe, Laracha, Malpica e Ponteceso, Calvo insistiu na “importancia” deste tipo de encontros para manter ao partido “vivo, en escoita permanente e traballando na confección dos mellores equipos” co obxectivo de afrontar con plenas garantías a cita coas urnas locais.

Diego Calvo aproveitou a presenza dos alcaldes de Cabana, Laxe, Malpica, Coristanco e Laracha para destacar que na comarca de Bergantiños os veciños teñen bos exemplos do que supón contar cun goberno do Partido Popular. “Aquí non vimos prometer cousas que non teñamos demostrado. Aquí basta con botar unha ollada do que son capaces de ofrecer os nosos alcaldes e comparalo cos problemas que existen en Ponteceso, cun alcalde en minoría e con só dous apoios, ou co proxecto caduco e falto de ambición de Evencio Ferrero en Carballo”, asegurou.

Neste sentido, o líder dos populares subliñou que a súa formación aspira non só consolidar as maiorías coas que xa conta, senón que buscará ser a forza maioritaria no resto de municipios, coa garantía que ofrece a “seguridade, a certeza e a fiabilidade” dos seus alcaldes.