O PP de Cee consegue o compromiso da Xunta de investir no centro de saúde da vila

1 minutes read

A xerente do Sergas, Estrella López-Pardo, explicou este venres, nunha reunión mantida co portavoz do Partido Popular de Cee, Jesús Picallo, que o Goberno galego financiará entre o ano 2024 e o ano 2025 melloras na eficiencia enerxética do centro.


López-Pardo explicou que no 2024 levarase a cabo a renovación do equipo xerador de calor do sistema de calefacción por importe de 60.190 euros, e que, no ano 2025, a procederase con cambio das ventás por un importe preto de 97.000 euros.


Os populares lembran que, a pesar de ser un centro de titularidade municipal, nos que as reformas adoitan financiarse ao 50% entre a administración local e a administración autonómica, neste caso a Xunta de Galicia asumirá o 90% deste investimento.


Por último, dende o Partido Popular de Cee incidiron en que o Fondo de Cooperación Local da Xunta reserva un fondo adicional para os concellos que son titulares de centros de saúde. En particular, o Concello de Cee recibiu en 2023 preto de 30.000 euros da do executivo autonómico para financiar os gastos de mantemento do centro.