Conclusións sorprendentes para moitos son as que nos deixa o último pleno celebrado no Concello de Laxe. Entre outros temas que se trataron un dos máis salientables foi a moción presentada polo BNG para rexeitar a instalación dun parque eólico na contorna dos Penedos de Pasarela e Traba.
A moción contou cos votos favorables do edil do BNG, Xosé Manuel Pose, e os catro concelleiros do PSOE, pero cos votos en contra do grupo do goberno, os edís do Partido Popular.
A falta dunha explicación por parte dos populares, a proposta do BNG consistía no rexeitamento da instalación de parques eólicos na Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, ademáis de defender a súa integridade paisaxística e esixirlle á Xunta o cumprimento do Decreto 294/2008 que os declara Paisaxe Protexida. Tamén consistía na solicitude de informes aos técnicos municipais neste sentido.