O PP de Muxía reclama que unha empresa certificada realice as desinfeccións do Covid-19

1 minutes read
  • O alcalde ve nestas reclamacións un intento de desprestixio do traballo dos operarios municipiais

O grupo do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, volveu a solicitarlle por escrito ao goberno local a contratación externa dunha empresa autorizada para realizar desinfeccións nos edificios públicos, colexios e ximnasio municipal que tiveron algún caso relacionado co Covid-19.

“A situación de Muxía actualmente é preocupante e creo que debemos de ser responsables e deixar de facer demagoxia coas desinfeccións», sinala Vilela, quen ademais expuxo que «só a través de empresas autorizadas no ROESB se pode certificar que a desinfección realizada é correcta». Segundo os populares, nas desinfeccións realizadas estanse utilizando produtos «como o ozono que non están homologados pola comisión europea de biocidas para a desinfección contra o Covid-19».

Estas declaracións molestaron bastante ao equipo de goberno, que saiu en defensa dos traballos realizados por membros de Protección Civil da localide. O rexedor, Iago Toba, sentenciou nas súas redes sociais que para atacar politicamente a un alcalde e a un goberno non é preciso «humillar e desprestixiar o traballo dun grupo humano como operarios municipais e protección civil». Ante isto, a portavoz dos populares precisou que non se pon en dúbida o traballo destas persoas, senón da mala xestión do goberno local.

Vilela tamén indicou no escrito que os populares están recibindo queixas de varios veciños que se sinten «de segunda» ao considerar que as aldeas non están sendo desinfectadas a propia vila de Muxía.