O PP impide que Feijóo compareza para explicar a súa relación cos ex-directivos de Pemex investigados

1 minutes read

A Deputación Permanente do Parlamento de Galicia rexeitou, cos votos do Partido Popular de Galicia, as solicitudes de comparecencia do presidente da Xunta pedidas pola oposición. O PSdeG, o Grupo Común da Esquerda, o BNG e o Grupo Mixto reclamaban explicacións pola súa presunta relación cos ex-directivos de Pemex investigados por corrupción e as supostas irregularidades cometidas polo departamento de Emigración na embaixada española en Venezuela.

O Grupo Popular votou en contra ao considerar que as solicitudes estaban baseadas en rumores e difamacións co único obxectivo de facer ruído. Tamén rexeitaron a solicitude de comparecencia do conselleiro de Sanidade para informar sobre a xestión dunha emerxencia que rematou co falecemento dun traballador da lonxa da Coruña.