26
- A vila natal de Fraga está gobernada desde hai un mes por primeira vez por unha muller, Elba Veleiro, do PSdeG
Elba Veleiro é médica no centro de saúde de Vilalba desde 1981 e concelleira nesa mesma vila polo PSdeG desde 2007. Desde o pasado 15 de xuño é ademais a primeira alcaldesa, apoiada pola marea local Vilalba Aberta, dun concello ata agora sempre gobernado pola dereita no que en 1983 Alianza Popular chegou a obter o 82% dos votos. Desta volta os socialistas superaron ao PP co 43% fronte ao 39% nun municipio simbólico para os populares, no que un busto colocado en 1970 entre o Concello e a súa casa natal lembra que alí foi onde naceu o seu fundador, Manuel Fraga.