A candidata do Partido Popular á alcaldía de Vimianzo nas eleccións municipais que se celebrarán o próximo mes de maio, Raquel Rodríguez, deu a coñecer a lista coa que a súa formación concorrerá aos comicios locais.
“Presentamos unha lista renovada, integradora e con xente que representa a todos os sectores do municipio e que quere sumar o seu grao de arena para mellorar as cousas”, defendeu Rodríguez, quen agradeceu o “compromiso” mostrado por todos os integrantes do seu equipo á hora de dar un paso que cualificou de “moi valente”.
Coa intención de aglutuinar a todos os veciños que estean descontentos coa xestión e coa labora desenvolvida polo goberno local, a popular incidiu en que o equipo de persoas que a acompañarán no reto de alcanzar a alcaldía de Vimianzo representante tamén “os valores tradicionais da súa formación”.
“Levamos moito tempo traballando para conformar unha candidatura que conte coas persoas idóneas para ofrecer solucións e alternativas a todos os problemas que existen en Vimianzo”, asegurou Rodríguez, quen subliñou que o seu grupo está “listo e preparado” para tomar as rendas de municipio desde o primeiro día.