O PP deu este xoves por suspendidas as negociacións co PSOE sobre a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) tras cualificar de «incongruencia insalvable» a reforma do delito de sedición e ofreceu ao Goberno «abordar xuntos calquera reforma» do Código penal.
«As conversacións quedan suspendidas á espera de que o PSOE decida se no ámbito institucional quere avanzar cun partido constitucionalista como o Partido Popular ou quere seguir da man de partidos que buscan debilitar o Estado de dereito e romper a unidade constitucional», din nun comunicado fontes de Xénova.
O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, mantivo este xoves pola tarde unha conversación telefónica co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para falar do estado das negociacións sobre o Poder Xudicial. Unha conversación que chegaron pouco despois das discrepancias expresadas por ambas as partes ao longo deste xoves.