O PP obrigado pola Xunta Electoral a retirar un vídeo por incumprir a lei

2 minutes read

Un vídeo difundido en redes sociais polos populares explicaba o procedemento para votar por correo e camuflaba críticas á oposición, polo que a Xunta Electoral entende que estaba a facer campaña antes do seu comezo oficial. Esta é a terceira vez que reprenden o Partido Popular dende que se convocaron as próximas eleccións a Xunta o 18 de Febreiro. O PP viuse obrigado a eliminar uns carteis, unhas fotografías e desta vez, uns vídeos nas redes sociais.

A Xunta Electoral de Galicia estimou parcialmente unha denuncia do PSdeG e ordenou ao PP a “retirada inmediata” de redes sociais dun vídeo de captación de voto que, segundo o órgano, pretende “camuflar” como “informativo” a pesar de incluír “frases electoralistas” e supor implicitamente “unha chamada” a apoiar aos populares nas urnas o 18 de febreiro, o que contravén a normativa electoral, pois aínda non se iniciou a campaña. O acordo, con data deste martes e determina que existe unha infracción electoral e ordena que se retiren as publicacións denunciadas que “non se limiten a informar do procedemento para exercer o voto por correo”, sen que, unha vez ponderadas as circunstancias que concorren, proceda a incoación de expedientes sancionadores.

A Xunta Electoral considera que “se pretende camuflar como un anuncio informativo e de promoción do dereito ao sufraxio” ao difundir o procedemento de solicitude de voto por correo unha publicación na que se inclúen frases “que teñen un claro carácter electoralista, o que xunto co lema e siglas empregadas polo PP, unido á imaxe da Xunta, facilmente permite asociar visualmente ambos os elementos”. Para o órgano electoral, isto dá a entender “implicitamente” que se trata dunha chamada ao voto a favor do PP. Tamén constata que o contido impugnado ten “poder persuasivo”, desenvolveuse nas redes sociais e, por tanto, “debe ser integrado dentro da categoría de campaña electoral, e non pode ser considerado actividade ordinaria dun partido”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?