O PPdeG abrirá o curso político este sábado 27 de agosto cun acto que terá lugar no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade e que estará encabezado polo presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, e polo presidente dos populares galegos, Alfonso Rueda.
A partir das 12.30 horas, a Carballeira de San Xusto será un ano máis o escenario deste tradicional evento que acollerá a máis de medio milleiro de asistentes e no que tamén intervirán o presidente do PP da provincia de Pontevedra, Luis López, e o alcalde do municipio, Jorge Cubela.
Nos vindeiros meses, a formación continuará a pé de rúa en cada recuncho de Galicia escoitando de primeira man as necesidades dos galegos. A ilusión, a motivación e as ganas de servir aos cidadáns guiarán o labor do partido, cuxo obxectivo é acadar gobernos municipais como o da Xunta: un modelo de crecemento económico, de estabilidade institucional e de rigor na xestión, destacan os populares.