21
Os deputados do Grupo Popular rexistraron unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que reclaman ao Ministerio de Transportes que actúe con celeridade para dar solución ao problema xerado tras o colapso e peche á circulación do viaduto do Castro, na Autovía do Noroeste (A-6), unha das principais vías de entrada e saída de Galicia coa Meseta. A iniciativa reclama tamén que se concrete as previsións sobre os traballos de reparación do viaduto afectado, así como das iniciativas dirixidas a revisar, inspeccionar e garantir a seguridade e funcionalidade dos viadutos da Autovía do Noroeste e da integridade desta infraestrutura viaria, en especial nese espazo fronteirizo entre as provincias de Lugo e León.