37
- O dirixente destacou nun discurso que non existen motivos para pechar as escolas xa que o grupo de risco é o de maiores de 60 anos
«Unha gripiña», así é como o presidente de Brasil, Jair Bolsonaro, cualificou a pandemia de coronavirus que xa matou a preto de 20.000 persoas no mundo.
Nun discurso transmitido en cadea en radio e televisión, o dirixente sinalou que non é preciso pechar escolas xa que «os acontecementos no mundo demostran que o grupo de risco é o das persoas maiores de 60 anos». Ademais, destacou que hai que continuar coa vida con total normalidade.
Este discurso presidencial, que non ten en conta os factores de contaxio e desatende as recomendacións da Organización Mundial da Saúde, foi criticado polo presidente do Congreso Davi Alcolumbre.
As mortes por coronavirus en Brasil ascenden a 46.