O presidente do Goberno subliña a fortaleza da economía de España


O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, participou en Nova York no Foro Económico da Cámara de Comercio España-Estados Unidos, unha das principais organizacións empresariais transatlánticas. Sánchez, durante o Foro Económico, desenvolveu as claves do crecemento da economía de España: aposta pola sustentabilidade ambiental e enerxética como factor de progreso, solidez dos fundamentos da nosa economía, e crecemento robusto e equilibrado cunha evolución positiva do emprego.

O presidente do Goberno subliñou: «Témolo todo para acoller grandes investimentos nas áreas que xa están a perfilar un futuro ao que, esta vez, o noso país non vai chegar con atraso. Temos un plan de país en marcha, o capital humano e as infraestruturas, e contamos cun tecido empresarial coa ambición necesaria para converter os desafíos en oportunidades», incidiu.

O xefe do Executivo destacou que, no que vai de ano, a evolución dos principais indicadores certifica un crecemento económico sólido da economía española, moi por encima da media da Unión Europea: unha 1,1% fronte ao 0,7% de media dos 27. Ademais, os principais organismos económicos internacionais apuntan a que a economía española crecerá máis do 4% en 2022, e máis do 2% en 2023.