A tuberculose é unha enfermidade da que se ten constancia desde o ano 1882, cando o doutor Robert Koch descubriu a bacteria que produce esta patoloxía. Así, trátase da patoloxía infecciosa máis prevalente no mundo, e representa un dos maiores problema de saúde pública (non só un problema individual), dado que se trata dunha enfermidade contaxiosa por vía aérea e, un enfermo sen tratar, implica o risco de transmisión ao resto da comunidade. A consecución dos obxectivos do Programa galego de prevención e control da Tuberculose, ao lograr rebaixar a incidencia desta enfermidade nun 39,4 %, se se comparan os datos do ano 2015 e do ano 2021. Segundo se desprende da derradeira análise realizada pola Dirección Xeral Saúde Pública, desde o ano 1996 o número total de casos vencellados á tuberculose en Galicia descendeu nun 82 % -pasando de 1.963 casos a 353 no 2021-, ou o que é o mesmo, a incidencia reduciuse do 71,8 a 13,1 casos por 100.000 habitantes.
0