O programa Nelson Mandela do cárcere de Teixeiro, medalla de bronce ao mérito social penitenciario

1 minutes read

Na celebración do 25 aniversario do centro penal de Teixeiro, que coincidiu co festexo da Patroa de Institucións Penais Nosa Señora da Merced, entregouse a medalla de bronce ao mérito social penitenciario ao programa Nelson Mandela de preparación para a vida en liberdade, impulsado pola Consellería de Política Social e Xuventude e o Ministerio do Interior.

Un equipo de inclusión do Consorcio composto por tres profesionais traballan coas persoas internas no penal, deseñando itinerarios personalizados para facilitar a súa inserción familiar, social e laboral. Con este obxectivo, imparten accións formativas de habilidades sociais e de busca de emprego, así como cursos para a obtención de certificacións ocupacionais e laborais que melloren as condicións para atopar un emprego.

Desde que fai 15 anos se puxo en marcha a iniciativa Nelson Mandela no centro de Teixeiro con financiamento da Xunta, atendéronse a máis de 1.700 persoas, das que a día de hoxe están de alta no programa 46. Así mesmo, neste tempo acadáronse máis de 260 insercións laborais.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?