32
- Participará o alumnado de 5º e 6º de primaria e seguirase o protocolo marcado pola Consellería de Educación
O Concello de Camariñas retoma o programa de vela ‘O Mar na Escola’ dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria dos centros educativos do municipio. Esta actividade, iniciada no ano 2004, desenvolveuse de xeito ininterrompido durante os últimos anos pero no 2020 tivo que parar debido á declaración do estado de alarma.
Esta semana comezan as sesións teóricas e na seguinte iniciaranse as prácticas. En cada unha delas as normas que se van a seguir son as marcadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades no seu protocolo.
Desde o Concello agradecen á Real Federación Galega de Vela as súas xestións e apoio para que os participantes estean perfectamente cubertos co seguro de accidentes pertinentes.