O PSdeG aposta pola reindustrialización e as renovables para impulsar o emprego e reter o talento mozo

1 minutes read

A candidata nº1 do PSdeG pola provincia da Coruña, Patricia Iglesias, reuniuse este venres cos sindicatos de UGT e Comisións Obreiras para analizar as súas inquedanzas e propostas en materia de emprego e política industrial en Galicia, avogando pola reindustrialización e a transición enerxética como factores “clave” nunha Galicia de futuro.
Iglesias insistiu nas potencialidades de Galicia en sectores estratéxicos, como o das enerxías renovables, na creación de traballo cualificado para a xente moza: “nós, a diferenza doutros partidos, temos claro que a industria vai ser clave para o crecemento económico e situar Galicia no mapa” apuntou. En este sentido, defende a candidata do PSdeG a oportunidade dos fondos europeos de recuperación con proxectos “estratéxicos” de transición enerxéticos en marcha no noso país.

No encontro participou tamén o Secretario Xeral do PSdeG en Santiago e candidato nº4, Aitor Bouza, quen asegurou que Galicia precisa “dun presidente que leve adiante políticas de impulso do noso emprego, dirixidas tamén á mocidade galega, en lugar de darlle unha maleta para que vaian a outro país a buscar un traballo” e, defende, “ese presidente só pode ser José Ramón Gómez Besteiro”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?