O PSdeG celebrará este sábado os 40 anos do Estatuto de Autonomía de Galicia


O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, celebrará este sábado un acto de conmemoración do 40 aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia, para o cal contará cos expresidentes socialistas da Xunta Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño. Os socialistas porán en valor o seu papel no Estatuto de Autonomía e reafirmarán o seu “compromiso galeguista e co autogoberno”, o mesmo que levou ao partido a contribuír á elaboración dun texto estatutario “de primeira” para Galicia. No acto tamén participarán José Vázquez Fouz, representante do PSdeG na chamada Comisión dos 16, a que redactou o texto estatutario; e Margariña Valderrama, membro da executiva do PSdeG naquelas datas. Ademais, tomarán a palabra Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e Noa Díaz, deputada autonómica e coordinadora do libro “A esforzada conquista da autonomía”.