O PSdeG comprométese a redactar o proxecto de conexión do corredor da Costa da Morte co parque empresarial de Vimianzo

1 minutes read
  • O candidato pola Coruña, Martín Seco, acusa á conselleira de Infraestructuras de non dar solución logo de 11 anos de abandono

O candidato número 3 do PSdeG-PSOE pola Coruña e secretario de Acción Electoral del PSdeG, Martín Seco, anunciou o compromiso dos socialistas coa redacción, en colaboración con outras administracións, “dese tan necesario proxecto de conexión do Corredor da Costa da Morte co parque empresarial de Vimianzo”.

Seco, que visitou este pasado martes o concello e mantivo unha reunión coa alcaldesa, Mónica Rodríguez, sinalou que hai una semana a conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez, desentendeuse deste proxecto, alegando que o polígono vimiancés pertence a Suelo Empresarial del Atlántico (SEA) e non é competencia da Xunta.

En vez de avanzar na colaboración entre administracións, “a conselleira ponse de perfil e, unha vez máis, non dá solución á necesidade de impulso económico que precisan concellos como Vimianzo e moitos outros da Costa da Morte, que estiveron abandonados nestes 11 anos de goberno de Feijóo”, sinalou a candidato socialista.

Martín Seco lémbralle á conselleira que, dentro do ámbito das súas competencias en materia de estradas, a Xunta proxectou esta actuación para a execución da prolongación da Autovía da Costa da Morte, no tramo que presta servizo ao municipio de Vimianzo e a outros como Camariñas.