«A perda de poboación e o seu envellecemento, a caída do investimento nos servizos públicos, a multiplicación da débeda autonómica, a subida do paro, o retroceso dos sectores primarios e da industria, a nula aposta pola promoción da lingua e a cultura galega e pola construción da vivenda pública, pola mellora das infraestruturas e pola igualdade entre homes e mulleres» conforman, para o PSdeG, o retrato do «fracaso» das políticas de Feijóo neste decenio. Despois dun mes no que o PSdeG publicou cada día os datos que, segundo os socialistas, avalan estas afirmacións, a formación emitiu este un vídeo a través das redes sociais para «desmontar a falacia do gran xestor» construída por Feijóo. Deste xeito, no vídeo, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, fai un chamamento aos galegos para «darlle a volta» a unhas políticas que, na súa opinión, están a provocar o «retroceso» de Galicia en diversos ámbitos. «O suspenso de Feijóo contrasta coa imaxe que nos quere dar da súa xestión», sinalou Gonzalo Caballero, que lamentou o «balance negativo» destes últimos 10 anos.
35