O PSdeG pide a Feijóo «transparencia» e que non faga electoralismo co coronavirus

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, volveu amosar este luns a “lealdade” co goberno de España e coa Xunta de Galicia na loita contra o coronavirus, e fixo fincapé na importancia de “estar á altura das circunstancias” nesta crise. Nese senso, pediu a Feijóo “transparencia” e que traslade “información fidedigna”, así como “responsabilidade” para fuxir do “partidismo”.

As queixas do líder do PSOE galego prodúcense despois de que o presidente da Xunta acusase o Goberno de retirarlle «o dobre de fondos» do que lle outorga a Galicia para a loita contra a pandemia, dato que segundo os socialistas, non se corresponde coa realidade.

Segundo Gonzalo Caballero, a prioridade agora «é cubrir as axudas a desempregados e autónomos» e, fronte a ela «ese discurso de confrontación co Goberno non é oportuno nin é responsable».