O PSdeG pídelle á Xunta que faga cumprir a sentenza do TSXG para garantir a actividade de XEAL

1 minutes read
  • O deputado socialista, Martín Seco, reclama coñecer as condicións de venta da antiga Ferroglobe ao grupo TPG

O portavoz de Industria do PSdeG esixiulle ao goberno galego que «deixe de mirar para outro lado» e faga valer a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), do 20 de novembro de 2020, para garantir o mantemento dos postos de traballo e a actividade das ferroaleacións nas fábricas da antiga Ferroatlántica, hoxe Xallas Electricidade e Aleacións SL –Xeal-, en Cee e Dumbría.

Seco presentou unha pregunta oral na Comisión de Industria do Parlamento na que lle advertiu que «resulta incomprensible que o goberno galego non faga cumprir unha sentenza tan clara e que estableza uns criterios mínimos de emprego» nas dúas factorías. Considera, neste sentido, «ofensivo para a cidadanía da Costa da Morte» a renuncia da Administración autonómica a utilizar o fallo xudicial ante o intento da empresa de segregar as actividades.

O deputado reclámalle á Xunta que lle dea «corpo» á iniciativa dos alcaldes afectados «cando lle piden que clarifiquen en que supostos Xeal estaría ou non cumprindo co mantemento da actividade industrial». Ademais, considera «esencial coñecer se a nova empresa é libre para poder ter un proxecto industrial» ou se depende da empresa matriz porque, lembra, a venta «debía ser autorizada previa e expresamente por Augas de Galicia».

Desde o PSdeG alertan que as plantas reduciron a produción a un 10 % ao longo de 2020, cando chegaron a funcionar 2 dos 5 fornos dos que dispoñen –hoxe están en marcha 3-, perdendo dende 2019 máis de 100 postos de traballo entre eventuais e industria auxiliar.