O PSdeG presenta as súas candidaturas na Coruña e Pontevedra

1 minutes read

Gonzalo Caballero presentou este domingo en Ferrol e na Coruña a candidatura por esta provincia. Antes de estar nestas dúas cidades, pasou por Vigo e Pontevedra cos seus compañeiros na lista que el encabeza por esa provincia. O secretario xeral dos socialistas galegos asegura que o programa co que concorren aos comicios autonómicos é o mellor garante do sistema educativo. 

Gonzalo Caballero participou na Coruña na manifestación do 8M en compañía da alcaldesa, Inés Rey, a quen destacou como “un referente dunha nova xeración de mulleres con impulso para o futuro de Galicia”. Ademais asegurou que o Goberno progresista que saia das urnas o vindeiro 5 de abril terá “unha axenda de compromiso coa igualdade” despois de “once anos de desprezos de Feijóo ao feminismo”.