O PSdeG reclama «un gran pacto de país» para evitar «que os mozos teñan que emigrar»

1 minutes read

Gonzalo Caballero reuniuse cos concelleiros máis novos do seu partido para abordar os retos da xuventude. Di que non haberá reactivación en Galicia se non se conta cos máis novos, e insta o Goberno galego a cambiar con urxencia as súas políticas para a mocidade. O PSdeG propón un “gran pacto”, precisamente, ás portas da elaboración dos vindeiros orzamentos da Xunta. Gonzalo Caballero agarda que non se volva repetir una situación como a que se deu este ano, na que “o goberno do PP decidiu recortar os fondos de mocidade, o que non podemos consentir porque supón recortar as posibilidades de futuro dos mozos e mozas no país e recortar, en definitiva, o futuro de Galicia”.