O PSdeG reclámalle a Rueda e ao PP que ‘deixen de tomarlle o pelo aos cidadáns’ coas autovías

1 minutes read

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, lembrou este sábado que o goberno de Pedro Sánchez foi o que garantiu unha partida de 43,7 millóns de euros anuais para bonificar as peaxes. Ademais, engadiu que a xestión de Besteiro no equipo que acadou o acordo de goberno foi a que garantiu o incremento das bonificacións das peaxes da AP9 e da AP53 do 20 ao 75 por cento.  Por elo, reclamoulle a Rueda e ao PP que “deixen de tomarlle o pelo aos galegos e ás galegas” empregando as autovías como ariete para confrontar co goberno central. Así o dixo logo das críticas do PP ás peaxes das autoestradas galegas. Puntualizou ademais que “desafortunadamente para o PP, os galegos e as galegas temos memoria” para lembrar que foi o PP o que en 2003 decidiu ampliar a concesión da AP9 ata 2048 e o que privatizou Audasa.