A portavoz de Comercio e Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, denunciou o “secretismo” do goberno galego, que opta por “non dicir nada da programación e actividades” previstas para o Xacobeo. Gallego presentou unha pregunta oral en Comisión na que reclamou un incremento do apoio, xa que as contías previstas nos Orzamentos de 2021 son “insuficientes” para salvar ao sector. A responsable socialista esixiulle “rigor” ao goberno de Feijóo para ofrecerlle certezas aos máis de 100.000 postos de emprego en perigo que ven como o goberno galego presenta “anuncios sen nada en concreto”, polo que, concluíu, “perdoe pero imos apañados”. Considera “gravísimo” que logo de todo un ano no que “xa sabíamos que había pandemia” o goberno galego “non reprogramou nin reformulou o Xacobeo”.
37