O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, acusou ao goberno galego de ter vulnerado os protocolos de vacinación para beneficiar á conselleira delegada de DomusVi nun caso de “prevaricación e tráfico de influenzas”. O responsable socialista contrastou a “ineficacia” amosada polo conselleiro de Sanidade á hora de investigar esta vacinación co “cese fulminante” de Eva Maquieira, xefa de Servizo no Hospital de Vigo cando reivindicou publicamente o uso de máscaras protectoras contra o coronavirus. Arangüena presentou no Pleno do Parlamento o caso da conselleira delegada de DomusVi, “que ademais é amiga de Feijóo e doutros cargos do PP de Galicia”, e que evidenciou que “incumpriron o protocolo de xeito descarado en beneficio da súa amiga empresaria”, dixo. Sinalou ademais que a responsable de DomusVi non forma parte da residencia, senón que é “a máis alta directiva dun imperio xeriátrico no que houbo 2.600 falecidos nesta pandemia, ademais de accionista millonaria dun imperio creado e expandido baixo o paraugas da Xunta de Galicia”.
16