O PSOE carballés interésase polo conflito do Consorcio de Benestar

1 minutes read

O PSOE de Carballo, a través da súa portavoz María Carmen Vila Blanco, presentou este luns por rexistro no Concello unha moción para o seu debate no próximo pleno para dar visibilidade e buscarlle unha solución ao conflito existente entre o persoal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e que afecta a diferentes servizos que se prestaban no municipio. Os socialistas piden á corporación que se acorde instar a que se reúna a asemblea do Consorcio para clarificar os termos nos que se realiza a convocatoria do proceso de estabilización extraordinario. Ademais tamén reclaman que se inste á Xunta de Galicia a negociar co comité de folga unhas condicións optimas para a prestación do servizo. Tamén piden que se puntúe a experiencia das profesionais e os seus méritos nos postos de traballo específicos desenvolvidos no Consorcio.