O PSOE da Laracha critica que se suban impostos

1 minutes read

O PSdeG-PSOE da Laracha valorou no último pleno municipal a suba do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana, impulsada e aprobada polo Partido Popular.

A concelleira socialista Inés Ramos afirma que “o tipo do 27% sobre un máximo de 30% é a todas luces esaxerado para A Laracha, que debería estar máis preto do 20% de Arteixo ou Betanzos”. Tamén sinalou que “a bonificación do 50% para o caso de sucesións tamén resulta baixa, cando o máximo permitido é do 95% como aplica, por exemplo, Carballo”.

A socialista lembra que o Goberno local “xustifica esta imposición na insuficiencia financeira estrutural, por prestación de servizos mal financiados por outras administracións, sobre todo a Xunta, e puntual debida á aplicación da regra do gasto”. “Pois ben, se ó Concello lle veñen mal dadas, ós veciños tamén, non está xustificada neste momento nin a suba xeneralizada do pleno anterior nin esta nova imposición”, engade.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?