O PSOE de A Laracha reclama que se retomen as obras na Areosa, en Vilaño

1 minutes read
  • Os socialistas tamén piden a limpeza e desinfección do lavadoiro

A voceira do grupo municipal socialista de A Laracha, María Palomi Rodríguez Castiñeira, rexistrou dous rogos para a súa contestación por parte do alcalde do municipio, José Manuel López Varela. En concreto, o PSOE pide que se volvan a retomar as obras na estrada e no lavadoiro da Areosa, na parroquia de Vilaño.


Rodríguez Castiñeira sinala que, se ben o Goberno local da Laracha comezou unha actuación de mellora da rede viaria na parroquia de Vilaño, renovando a superficie de rodadura para facilitar as comunicacións e aumentar a seguridade viaria, esta tivo que paralizarse por culpa do estado de alarma. Os socialistas piden que se retomen de inmediato as obras debido á deficiencia da estrada.

Ademais, a portavoz do PSOE destaca que en «A Laracha, unha vez máis, non se está a facer unha conservación, mantemento e desinfección adecuadas ao desexable e esixible», poñendo de exemplo o lavadoiro da Areosa. Castiñeira alega que esta construcción «fica en condicións
insalubres e perigosas para a poboación da Parroquia de Vilaño, así como posibles
visitantes», e pide que se tomen as medidas oportunas de limpeza e desinfección do mencionado lavadoiro así como o pertinente mantemento periódico unha vez sexa rehabilitado.