O PSOE de Carballo aborda a problemática dos recortes no colexio Xesús San Luis Romero

1 minutes read

Na tarde deste mércores membros do PSOE carballés reuníronse coa ANPA, pais, nais e docentes do Colexio Público Xesús San Luis Romero para abordar a problemática dos recentes recortes na plantilla do centro.

Á reunión asistiron Begoña Rodríguez, deputada no Parlamento de Galicia, xunto con Maricarmen Vila e Valentín Costa, concelleiros de Carballo.

Como resultado da reunión, acordouse que o grupo parlamentario socialista presentará no Parlamento unha proposición non de Lei para esixir que se manteña a plantilla na súa totalidade, reincorporando ás dúas docentes desprazadas, se manteñan as tres unidades de infantil co persoal de apoio, e se continúe co persoal terapéutico xa adxudicado.

Todo isto tendo en conta as necesidades e particularidades do centro.

Tamén se comentaron outras iniciativas e mobilizacións que os pais teñen pensado seguir levando a cabo ata conseguir que se suspendan os recortes anunciados.