O auditorio da Biblioteca Rego da Balsa de Carballo acolleu este sábado a presentación da candidatura do PSdeG-PSOE local ás próximas eleccións municipais do 26 de maio. Exerceron de oradores o concelleiro Valentín Costa Trillo, a deputada Provincial Pilar Cancela e a candidata á alcaldía María Carmen Vila Blanco.
Valentín Costa comezou a súa intervención con palabras de agradecemento os presentes con alusión especial ao veterano compañeiro alí presente José Antonio Viña Patiño, apartado da primeira liña política, pero non de traballo, dixo Valentín. Definiu o proxecto socialista como un proxecto continuista, de futuro e polo bo camiño. «Mentres uns se presentan nun pazo, outros nun bosque, eu síntome orgulloso de facelo nunha Biblioteca».
Pilar Cancela mostrouse encantada de estar 4 anos despois de novo en Carballo, agora cunhas expectativas distintas e cunha alegría gañada con suor nos recentes comicios estatais onde o PSOE foi a lista máis votada a nivel municipal logo de tempos difíciles, dixo. Xustificou en clave nacional a moción de censura presentada como unha reacción de «exercicio de responsabilidade consecuentes coa transparencia, a democracia e a honestidade política en contra dun PP corupto». Avalou o goberno de Pedro Sánchez, en só 10 meses , como «un referente en Europa e no ámbito internacional, pola aposta polas mulleres e a toma de decisións contra a destrución do estado do benestar exercida polo PP». «Gobernaremos España en solitario porque a ampla participación deulle unha maioría sólida e ampla a Pedro Sánchez, sempre dialogando, e haber quen se atreve, eses que nos queren dar leccións de esquerda permanentemente, a non apoiar un Goberno progresista de esquerda». Tamén tivo eloxios para o goberno Zapatero, de quen dixo non telo fácil, pero «logrou que España non fose intervida mesmo tomando medidas duras, pagando por iso un prezo altísimo nas urnas, pero sempre interpoñendo os intereses xerais por diante dos intereses do propio partido, e que pon en práctica o PSOE tamén nos Concellos que son os que nos dan músculo para poder optar a retos maiores». Cancela púxose a disposición de Carballo apoiando a candidatura de Vila como «unha candidatura de xente fantástica, coñecida, con experiencia, de traballo, compañeirismo e resistencia política Socialista, que leva xa anos pelexando polo benestar dos seus veciños/as, o cal é un orgullo» concluíu.
Acto seguido María Carmen Vila agradeceu aos seus compañeiros de lista, de comarca e ao PSOE o apoio que lle prestan. Definiu ao partido como un defensor municipalista contra vento e marea gobernando para as persoas na dignificación da política de proximidade. Definiu tamén o seu proxecto como continuista, con homes e mulleres que xa levan anos traballando, convencida de que é o mellor proxecto para o Concello e por iso «imos loitar todos xuntos para poder levalo adiante» «Temos un equipo estupendo, marabilloso e traballador que demostra os valores que defendemos desde sempre coa cabeza moi alta». «Estamos aquí para defender os veciños/as sexa cal fora o resultado, os que nos votan e tamén os que non o fan, que se nos dan a oportunidade demostrarémoslles a nosa capacidade para facer ben as cousas». «Dispoñemos dun programa serio, traballado, elaborado e consensuado polos compañeiros que conformamos a candidatura, respectando sempre os valores do partido no que militamos e coa obriga de gobernar para todos, sexan ou non, os nosos votantes » concluíu Vila.
CANDIDATURA DO PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA–PSOE (PSdeG-PSOE) EN CARBALLO.
1.- MARIA CARMEN VILA BLANCO
2.- VALENTIN COSTA TRILLO
3.- MARIA TORRES POSE
4.- CESAR FERNANDO VARELA NOVO
5.- MARIA ISOLINA LOUREIRO TASENDE
6.- JUAN RAMON RAMA POSE
7.- LAURA GARCIA FERNANDEZ
8.- JOSE POSE SOUTO
9.- CRISTINA CASAS CASTRO
10.- VICTOR HUGO ROCHA SILVA
11.- SANDRA MARIA RAMA POSE
12.- JORGE PABLO PANTEON RODRIGUEZ
13.- SANDRA VIÑA VAZQUEZ
14.- DAVID ANTONIO MATO MARIÑO
15.- KAREN NOELIA ROCHA PERISCAL
16.- SERGIO GARCIA MANCEBO
17.- PATRICIA GESTO POMBO
18.- JOSE ANTONIO VILA LEMA
19.- MARIA ADRIANA FERNANDEZ VILAR
20.- MARIA FRANCISCA FERNANDEZ VILAR
21.- JOSE ANTONIO VIÑA PATIÑO
Suplentes
1.- OSCAR ALEJANDRO TORRES POSE
2.- ANDREA PATRICIA DE LEON GAMBA
