O PSOE de Carballo defenderá este luns a súa moción sobre a UDIAF

0 minutes read

Despois da reunión mantida cos pais dos nenos afectados, na que participaron ademais dos concelleiros locais María Carmen Vila, Valentín Costa, e César Varela, os deputados Martín Seco e Mariña Ortega, portavoz do PSdeG en política social, o Partido Socialista de Carballo incorporará ao seu argumentario a totalidade das demandas dos afectados polas carencias do desenvolvemento da unidade de atención temperá de Bergantiños (UDIAF). Será o vindeiro luns 20 de xuño na comisión informativa previa ao pleno do día 27.