A través desa iniciativa, os socialistas reclámanlle ao goberno local a aplicación dunha medida que garantirá a pervivencia do inmoble, manténdoo a salvo de calquera interese especulativo.
O Casino, que “forma parte do patrimonio cultural de todos os carballeses e carballesas”, cumpre os requisitos para a súa catalogación de acordo coa Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, unha norma que ampara todas as construcións civís de uso comunitario que fosen levantadas antes de 1926. Tal como se explica na propia moción, existen cando menos dous documentos que acreditan que o edificio é anterior a ese ano.
O PSOE salienta que a continuidade do Casino conta co “apoio masivo” da veciñanza. Destaca que así se demostrou “en momentos decisivos”, como a recadación de 70.000 euros nunha colecta pública de só unha semana para exercer o dereito de retracto na venda do inmoble á actual propiedade. Así, “queda claro o interese social en protexer esta institución e a importancia de que continúe no seu emprazamento actual”, recolle o documento que asina a portavoz socialista, María Carmen Vila.
O grupo municipal socialista considera que, pese a que ese proceso está aínda xudicializado, iso non impide defender da súa posible desaparición un dos poucos edificios centenarios que permanecen en pé en Carballo. De feito, lembra que construcións da mesma época que contaban con interese arquitectónica, como a antiga Casa do Concello ou a igrexa, foron derrubadas hai arredor de medio século a mercé das políticas urbanísticas dos anos setenta. Os socialistas recordan tamén que xa en 2017 o pleno do Concello se posicionou a favor de preservar o Casino. Foi mediante unha declaración