Os socialistas emitiron un comunicado afirmando que o proxecto de recuperación do espazo público e mellora da seguridade presentado polo equipo de goberno do BNG é unha chapuza. Concretan que non humaniza nin elimina os coches do centro, non soluciona o problema de aparcadoiro aos residentes das zonas afectadas e non ten soporte legal (ordenanza) que o respalde.
Desde o PSOE piden copia do contrato coa empresa privada para poder instalar e xestionar as cámaras na vía pública. Tamén queren saber o custe para as arcas municipais da instalación e o mecanismo de xestión do programa informático que xenera as multas aos coches que non estean autorizados a circular. Copia dos permisos legais para instalar as cámaras e un informe xurídico que valide coa lexislación vixente municipal a capacidade para instalar zonas de paso e aparcamentos só para residentes.