O PSOE de Coristanco pide melloras para Agualada e A Rocheira

2 minutes read

O PSOE de Coristanco emitiu un comunicado cunha reportaxe fotográfica de moitas das carencias que presentan diferentes puntos do municipio, baixo o seu punto de vista. Entre eles piden que o Concello avance na humanización dos seus núcleos e vías, que segundo puntualizan «case toda a totalidade destas está en estado lamentable en núcleos e áreas de gran importancia para os veciños e veciñas».
Afirman que lugares como Agualada, «segue a estar no olvido para este goberno», sendo de por sí o núcleo máis castigado coa chegada da autovía da Costa da Morte, o que provocou o peche de varios negocios e unha oficina bancaria.
Dende o PSOE de Coristanco esixen que, ao igual que noutros núcleos do Concello, se invirta na parroquia de Agualada: Se avance na humanización no entorno do colexio e na praza xunto á igrexa, mellorando as condicións estéticas e priorizando a supresión de barreiras que favorezan a mellora da accesibilidade. Así mesmo, quere que se mellore e arranxe o parque municipal.

«Os Socialistas xa fixemos fincapé en sesión plenaria sobre a área de aparellos de ximnasia, recentemente retirada polo goberno do PP e que a día de hoxe aínda os veciños e veciñas non dispoñen deles». Por outro lado, os accesos están en estado lamentable con risco para a veciñanza, deterioro de aceras, vexetación, etc… polo que é necesario se humanice tamén o entorno do parque municipal. «Dende o PSOE de Coristanco instamos ao goberno do PP a que inicien os tramites que permitan acometer as melloras necesarias nestes ámbitos; e se busque o finanzamento necesario suscribindo convenios coa Xunta de Galicia ao igual que fan outros Concellos».

A Rocheira


Na Área Recreativa da Rocheira, contando ésta cunha gran extensión dedicada a deportes e ocio (campo de fútbol, piscina, xardíns), necesita tamén dun arranxo, din os socialistas.
Concretamente o deterioro do campo de futbol necesita urxentemente un cambio, xa que o seu estado está a provocar incidentes nos máis pequenos, debido en parte a que o actual césped ten máis de 15 anos.
O voceiro socialista, José Manuel Pérez, mantuvo unha xuntanza cos dirixentes da SD Coristanco e constatou tamén deficiencias no sistema de rego, na iluminación e sobre todo nos vestiarios.

En canto a área infantil, os socialistas presentaron un rogo na última sesión plenaria para que se arranxe de inmediato, afirman que «únicamente hai dous xogos (os columpios non existen e o tobogán está roto) atopándose estos deteriorados polo paso do tempo ademais de non cumprir coa normativa vixente», conclúen.

A Rocheira_Cedida.