Os socialistas muxiáns emitiron un comunicado afirmando que os plans de conciliación municipais pasaron de ser gratuítos a converterse nos máis caros da Costa da Morte. comprometéndose a que sexan gratuitos en canto eles cheguen de novo á alcaldía. Desde o PSOE tamén cargan de ‘hipócritas’ ao BNG, por primeiro votar a favor e ahora criticar este xeito de facer política.
O portavoz socialista, Iago Toba, explicaba: “Votamos en contra de que fose unilateralmente o goberno quen impuxese os prezos públicos sen pasar por pleno e tamén votamos en contra de que as familias muxianas tivesen que pagar por conciliar, polo que non cabe outra opción que ofrecer o que ofrecíamos cando gobernábamos: gratuidade total dos campamentos de conciliación e igualdade de oportunidades”.
«O certo e comprobable é que esta situación coa que se encontran as familias foi posible grazas ao voto favorable do BNG de Muxia á proposta de PP e INDEPENDENTES para cobrar os campamentos de conciliación no último pleno. En esa sesión, os socialistas xa denunciaban a complicidade e coordinación dos tres grupos para que a iniciativa saíse adiante sen dificultade, demostrando a hipocresía desmesurada do BNG local, que critica ao PP pero vota con el perxudicando aos nenos e nenas do municipio de maneira directa. Os cinco concelleiros socialistas que forman o Grupo municipal manifestáronse cun rotundo voto negativo a esta iniciativa».
Esta situación vese agravada polo feito en que nun anterior pleno celebrado, nun exercicio insólito e inexplicable de acción política, o BNG votou a favor de delegar na Xunta de goberno local, formado unicamente por membros do goberno, a imposición de prezos públicos sen necesidad de pasar por pleno, e por tanto privándolle a oposición a posibilidade de votar en contra de accións como a que está pasando co campamento. “A señora Mercedes Barrientos Varela e o BNG son os que teñen que explicar o motivo polo que venderon deste xeito tan descarado aos veciños e veciñas de Muxía”, Conclúen os socialistas.