O PSOE de Muxía presentou a campaña ‘O Goberno da Moción de Censura. Tres que non fan un’

2 minutes read

Cando se cumpre xusto un ano de que PP, INDEPENDENTES POR MUXÍA e BNG desaloxaran ao goberno socialista de Iago Toba mediante unha moción de censura, os cinco edis que forman o Grupo Municipal Socialista presentan no mesmo recinto donde se celebrou o pleno da moción, o edificio da Camposa, a campaña: “O Goberno da Moción de Censura. Tres que non fan un”.
Tratase dunha campaña que está centrada en visualizar e demostrar o engano e fracaso que foi a moción de censura, e as consecuencias negativas que tivo esta no municipio de Muxía e por tanto na súa veciñanza. Esta, estará baseada en varias liñas de acción simultáneas que van dende a denuncia gráfica, videos denuncia, charlas e encontros temáticos, visitas institucionais e administrativas así como accións que teñen como obxetivo entrar nas casas dos veciños e veciñas do municipio demostrando que a día de hoxe vivimos nunha Muxía peor por culpa do novo goberno de coalición.
O eslogan, fai directamente referencia a unión de intereses particulares que sustenta o goberno e a súa incapacidade para gobernar, e no que son partícipes PP, INDEPENDENTES e un necesario, sumiso e cómplice BNG de Mercedes Barrientos que están levando a Muxía a unha situación de colapso en xestión, limpezas, inversións e infraestructuras, con un Alcalde, Javier Sar, ausente das súas funcións e desaparecido e unha tenente alcalde, Sandra Vilela, con afán de protagonismo acompañado dunha pésima valoración veciñal e unha cascada de dimisións internas.

Recortes en servizos, caos organizativo de personal, ausencia de proxectos ambiciosos, núcleos rurais abandonados e sen limpezas, aumento de prezos públicos, rúas cheas de porquería, decadencia en actividades, nula xestión económica, obras sen facer, infraestructuras sen mantementos, pésima atención á veciñanza e colectivos sociais, abandono de funcións, falta de transparencia administrativa e política, irregularidades administrativas e de xestión, gastos innecesarios, perda de subvenciones de diferentes administracións, nula consecución de plans de emprego, irrelevancia comarcal e provincial, fracturas internas de goberno, … son alguns dos asuntos a tratar nos vindeiros meses e que farán entender aos veciños que a moción de censura trouxo a Muxía unha etapa de decadencia que levará tempo recuperar.
Iago Toba recorda que este goberno de “tres que non fan un” manifesta “un desgaste propio dun goberno sen equipos, en descomposición, e que non ten ningunha ambición por mellorar o municipio nin ningún interés en facer nada por Muxía” en contraposición ao equipo socialista, un equipo unido e forte, que nunca vendiu aos seus votantes, aos seus veciños nin os seus principios e moito menos a Muxía. Un equipo que sigue e seguirá traballando por este municipio con ilusión e forza.