O PSOE denuncia ante a Fiscalía o apaleamento do boneco de Sánchez en Ferraz

1 minutes read

Nun escrito de 59 páxinas, o PSOE pide ao Ministerio Público que inicie as dilixencias necesarias para pescudar se houbo no acontecido delitos de inxurias contra a autoridade no cargo, así como inxurias e “ameazas graves” ao Goberno e ao propio Sánchez. Cre tamén que existe delito de odio e considera que “podería perseguirse a provocación como incitación á violencia” contra o xefe do Executivo e “o colectivo que representa ao PSOE”. Ademais, estima que pode haber un delito de reunión ou manifestación ilícita.

Lembramos que os acontecementos sucederon a pasada Noitevella na sede de Ferraz, na que varios manifestantes convocados pola asociación xuvenil Revuelta, vinculada a Vox, colgaron e mallaron un boneco que representaba ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez.