O Racing de Ferrol ascende a 2ªB e aguanta do Paiosaco en 3ª, o Lugo mantense en 2ªA

1 minutes read

O Racing de Ferrol retornou a Segunda B pola porta grande, campión de grupo e triunfador na eliminatoria de campións. O equipo de Emilio Larraz, regresa á categoría de bronce unha tempada despois do seu dramático descenso. Fíxoo, para alegría dobre, acompañado por case 400 racinguistas no Novo La Victoria. Ademais, o seu ascenso significa a permanencia do Paiosaco en Terceira División.

O Lugo rematou o partido co Tenerife sen goles pero, de súpeto, os xogadores reciben a noticia de que o Oviedo acababa de marcar no engadido e, coa derrota do Raio Majadahonda no Tartiere, o Lugo lograba a salvación.

Os xogadores puideron soltar a tensión acumulada nos últimos meses. Celebración coa bancada. O Anxo Carro volverá gozar do fútbol de segunda na próxima temporada.