O Recinto Feiral de Santa Comba acollerá un magosto popular o vindeiro sábado día 20

1 minutes read

O Magosto é unha festa moi arraigada en Galicia, aínda que tamén é tradicional da zona norte de España e de Portugal e está a comezar a difundirse no ámbito internacional.

No Magosto celébrase a recollida da castaña e, xunto a ela, o lume, o chourizo o churrasco e o viño novo son os elementos máis importantes. É unha festa chea de simbolismo onde as castañas representan a morte e o viño, a vida.

Durante moitos anos as persoas alimentábanse de castañas, en todas as súas formas, ata a chegada do millo e da pataca de América, pasando esta a un segundo plano. Con este festexo tamén se celebra a recuperación deste froito.

A Asociación de Empresarios e a Comisión de Festas de Santa Comba uniron forzas e organizan un magosto popular o vindeiro sábado 20 de novembro no Recinto Feiral de Santa Comba. A cita terá lugar dende as 12:00 ata as 19:00 horas. O menú consistirá en churrasco mixto, bebida, larpeirada e castañas con un coste de 17 euros para adultos e 13 euros para menores de 12 anos.

•Dende as 16:00 ata as 19:00 horas haberá inchables, monitorado e xogos para que os máis pequenos o pasen pipa.

•Dende as 15:30 ata as 18:30 horas contarán coa actuación musical de Chema Caruso.

Xa podes mercar o teu ticket en:

•Cervexería Triskel

•A Nosa Vila (A Pereira)

•Hotel Xallas

•Talladas Gastrobar.

Prazas limitadas.