O repertorio da Charanga ACDC e Arredores, protagonistas da Festa Galega de Malpica

1 minutes read

O concello de Malpica volveu a apostar por consolidar unha cita como é a Festa Galega. Dúas xornadas que non defraudaron ao público asistente. A Charanga ACDC fixoos vibrar dende o primero minuto, interpretando  cancións populares e despediuse do público con Paquito Chocolateiro e Agárrate Saxo. O grupo Arredores, meteuse ao público no peto, sobre todo cando interpretou o Maneo de Malpica. Centos de persoas acercáronse ao  porto de Malpica para gozar  dos dous  concertos de balde. Unha actividade organizada integramente pola concellería de Turismo que dirixe o tenente alcalde do Concello de Malpica, Alfredo Cañizo, o cal se  mostrou satisfeito pola boa acollida que tivo o evento que se desenrolou durante dous días. O Concello xa está a traballar para preparar unha nova edición de cara o ano que vén.

Charanga ACDC