O Retella Fest medra na súa cuarta edición | Chegará a Ponteceso o 28 e 29 de xuño

1 minutes read

O Festival Retella celebrou este sábado a súa festa de presentación cos concertos de Vynilo, Vagos e Lowcos, onde a organización estivo rodeada de veciños e amigos. Foi unha boa dose de música para anunciar o cartel da cuarta edición do festival pontecesán, que chegará a Tella os días 28 e 29 de xuño.
O Retella Fest medra neste 2024, duplicando o número de grupos e sumando un día de celebración. Un total de once grupos de diferentes estilos enmarcados no rock forman parte do cartel do #RetellaFest2024: Sobrinus, N.E.O, Sons of Exodus, Radio Zapa!, Lost Minnow, Lostregho, Fogbound, PortoFranco, Lowcos, Rusty Nuts e Technopork.
Sobrinus en Galicia
Sobrinus é un grupo de rock madrileño que xorde nos anos 90. Tras un parón, volveron aos escenarios en 2017 e este verán chegarán a Galicia. A súa música é ecléctica por natureza, rock no básico con toques de funk, jazz, punk e hardore.
Aposta polo rock galego
O mítico guitarrista de Los Suaves, Alberto Cereijo, chegará a Tella coa súa nova formación N.E.O. para presentar o seu traballo discográfico ‘Objeto cercano a la Tierra’.
Desde Valencia chegan Technopork e o resto de grupos do cartel son bandas galegas e locais, na aposta do Retella Fest pola música emerxente ou feita en galego e en Galicia, converténdose nun escenario de resistencia no panorama musical e cultural do país.
A entrada para o Retella Fest será libre.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?