O SAL proclámase Subcampión Galego Máster e Campión de Segunda División na Liga de Clubs Absoluta

3 minutes read

O Club Salvamento Acuático Laracha (SAL) completou un intenso e exitoso fin de semana competitivo, destacando en primeiro lugar a súa brillante participación no Campionato Galego Máster de Piscina, celebrado o sábado en Caldas de Reis, onde se proclamou subcampión galego na categoría Máster Masculina, así como a proclamación como Campión de Segunda División na Fase Final da Liga de Clubs Absoluta, disputada este domingo en Carballo.

Subcampións galegos Máster

Na cita autonómica Máster, o SAL confirmou o excelente nivel dos seus deportistas veteranos, acadando unha 5ª posición na clasificación xeral e, especialmente, o subcampionato galego Máster Masculino. Este ano, o equipo incorporou varios novos deportistas veteranos, reforzando o seu obxectivo de atraer e reter talento, o que se reflectiu nunha actuación destacada en todas as probas.

Equipo Máster R4 +140: actuación histórica – Campións galegos en 3 probas

Relevos:

  • 1º – 4×50 m relevo combinado
  • 1º – 4×25 m relevo remolque de maniquí
  • 1º – 4×50 m relevo natación con obstáculos

Individual Máster 30-39:

Borja Diez García
– subcampión galego en 4 probas:

  • 2º – 100 m socorrista
  • 2º – 100 m remolque de maniquí con aletas
  • 2º – 50 m remolque de maniquí
  • 2º – 100 m natación con obstáculos

Álvaro Diez García:

  • 3º – 100 m socorrista
  • 4º – 50 m remolque de maniquí
  • 5º – 100 m natación con obstáculos
  • 5º – 100 m remolque de maniquí con aletas

Martín Pensado Mariño:

  • 5º – 100 m remolque de maniquí con aletas
  • 6º – 50 m remolque de maniquí
  • 6º – 100 m socorrista
  • 7º – 100 m natación con obstáculos

Individual Máster 40-49:

Diego Parga García:

  • 6º – 100 m socorrista
  • 7º – 100 m remolque de maniquí con aletas
  • 9º – 100 m natación con obstáculos
  • 11º – 50 m remolque de maniquí

Estes resultados consolidan ao SAL como un dos clubs de referencia no panorama máster galego, poñendo en valor o traballo, a constancia e o espírito de equipo que caracterizan á entidade.

Campións de Segunda División na Fase Final Absoluta

Xa na xornada do domingo, o SAL participou na Fase Final da Liga de Clubs en categoría Absoluta en Carballo, representado por Gabriela Paulos, Juan Martín, Lucía Añón, Luis Mariño, Noelia Loureiro, Pedro Caamaño e Shaila Rodríguez, competindo con compromiso e ambición en cada proba, xunto co técnico Borja Diez, que guiou ao equipo durante toda a competición.

Como broche á fin de semana, o SAL proclamouse Campión de Segunda División na Fase Final, recibindo o correspondente recoñecemento por parte da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, nun momento especialmente significativo para o club.

A tempada continúa sen descanso: en dúas semanas disputarase o Campionato Galego Absoluto e a próxima fin de semana terá lugar o Galego nas categorías Cadete e Xuvenil, confirmando que o SAL vive un auténtico “non stop” competitivo.

Desde a directiva, felicítan a todos os deportistas e corpo técnico polo seu esforzo e dedicación, que permiten ao club seguir medrando e acadando novos éxitos no salvamento e socorrismo galego.

O Club Salvamento Acuático Laracha continúa traballando para fomentar a participación e o desenvolvemento dos seus deportistas, asegurando que cada un deles reciba a formación e o apoio necesarios para acadar as súas metas. Este campionato é unha proba máis do compromiso do SAL coa excelencia e a promoción do deporte na comunidade.

FONTE OFICIAL  FESSGA