Este aumento aplicarase con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2024, segundo anunciou o presidente do Executivo estatal, Pedro Sánchez.
Segundo explicou o Ministerio de Traballo, esta suba do Salario Mínimo Interprofesional (SMI), que non contou co apoio da patronal, beneficiará a máis de 2,5 millóns de persoas, o equivalente a unha de cada sete asalariadas, das que un terzo serán mulleres e mozas.
Ademais, como consecuencia da suba do SMI para 2024, o Goberno estatal incrementará o mínimo exento no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) desde os 15.000 euros até os 15.876 euros. Así, o salario mínimo interprofesional non quedará suxeito a retención, dado que o mínimo exento situarase na mesma contía anual.