O Salvamento Acuático Laracha moi preto das medallas no Nacional

1 minutes read

Disputouse na piscina Parquesol, en Valladolid o “Campeonato de España infantil cadete de invierno”, onde participaron un total de 294 deportistas de 36 clubs de toda España.
O club Salvamento Acuático Laracha desprazou ata alí a 5 deportistas, un infantil (Juan Martín Rodríguez) e 4 cadetes (Nerea Mallo, Martina Sanz, Álvaro Hidalgo e Anxo López). O obxectivo non era outro máis que desfrutar da experiencia e mellorar as marcas persoais, e conseguírono con creces.
Todos os deportistas melloraron as súas marcas, o que levou a Álvaro Hidalgo a quedar nunha meritoria 6ª posición na proba 50m rescate de manequín cadete masculino. Ademais, o relevo mixto cadete, formado por Nerea, Martina, Anxo e Álvaro, conseguiu colocarse na 5ª posición na proba 4x50m relevo socorrista mixto cadete, a tan só 2” da medalla de bronce, e rebaixando o récord galego.
Estes resultados serven para revelar o gran traballo que están a realizar os deportistas ó longo da tempada, e que intentarán facer tamén na tempada de praia que comezarán nos próximos meses.