O sector da construción demanda medidas urxentes | A situación actual ameaza miles de empregos

1 minutes read

O sector galego da construción mantivo este venres unha reunión coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquezna para facerlle chegar a demanda de medidas urxentes ao Goberno ante unha situación que ameaza miles de empregos e impide a recuperación económica. Na xuntanza estiveron presentes o presidente da Federación Galega da Construción, Diego Vázquez Reino, e os representantes das asociacións provinciais do sector para abordar as consecuencias do paro do transporte de mercadorías e da crise de materiais na súa actividade. Esta situación leva a perder tempo na execución de infraestruturas fundamentais para o progreso económico e social de Galicia, xa que unha parte importante deses investimentos se dedican a reforzar as instalacións da sanidade pública ou construír ou ampliar hospitais.