O segundo covid-auto de Vigo estrearase este luns


Estará finalmente ubicado no hospital Álvaro Cunqueiro, onde ultiman os preparativos para poñelo en marcha. Optouse polo hospital Álvaro Cunqueiro porque conta cun laboratorio de microbioloxía e a loxística das mostras pode realizarse dun xeito máis rápido.

O obxectivo é atender sen colapsos o incremento da demanda das probas PCR e reforzar o hospital do Meixoeiro. Este último a partir do luns absorberá a demanda que se xere nos centros de saúde, mentres o do Cunqueiro queda reservado para os contactos de casos confirmados.

O segundo covid-auto de Vigo funcionará de 9 da mañá a 9 da noite e nel realizaranse unhas 600 probas diarias.