- Das máis de 40.000 solicitudes do I Plan xa están aboadas o 80%.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este xoves que o segundo Plan de rescate a autónomos, microempresas e hostalería contará como mínimo con 50 millóns de euros.
Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo salientou que o investimento do II Plan de rescate sumarase aos 86,2 millóns de euros do primeiro, do que “a maior parte xa está pagado”. Así, das máis de 40.000 solicitudes xa están aboadas o 80%, máis de 32.500, que suman máis de 66 millóns.
Destas solicitudes, 24.000 proveñen do sector da hostalería. En total, destinaranse 37 millóns de euros a esta actividade.
Ao longo da súa intervención, Feijóo reiterou a disposición da Xunta a participar nun novo plan de rescate no que a Administración autonómica achegaría o 50%, as deputacións o 30% e os concellos o 20% restante, segundo o modelo proposto polo sector da hostalería.