Donald Trump queda absolto polo asalto ao Capitolio, con 57 votos a 43, por baixo dos dous terzos necesarios para a condena, o Senado de Estados Unidos absolve ao expresidente no seu segundo xuízo político. Un histórico proceso no que se lle xulgaba por incitar aos disturbios do 6 de xaneiro no Capitolio de EEUU co que os seus seguidores pretendían boicotear a confirmación da vitoria electoral de Joe Biden. O impeachment dividiu aínda máis ao país e deu lugar a unha votación bipartidista con ata sete republicanos rompendo filas para votar a favor da condena. Aínda que se esperaba que a maioría dos demócratas votasen a favor da condena do ex presidente, a absolución parecía probable, xa que se require unha maioría de dous terzos para a condena e a cámara está dividida ao 50% entre os partidos. Trump celebra a súa absolución e di que o seu movemento «non fixo máis que empezar».
36